Data: 25 DE FEBREIRO 2019.

Nota para as familias dos alumnos de 2º de ESO para:
1: Reunión informativa. Calendario de actividades ata o día da saída, 13 de marzo.
2: Consultas, encargos médicos e entrega de documentación obrigatoria.
3: Avisos e propostas.

1:
Reunión informativa:
Día 27 de febreiro de 2019.
Hora: 20:00 – 21:00.
Lugar : Salón de actos do Instituto.

Ola, na semana que ven temos o entroido e á volta 5 días de clase, probabelmente de exámes,antes do mércores 13 de marzo, de marcha do grupo á Mondoñedo e Toulouse. Á volta aínda quedarán mais exámes e rematamos o 2º trimestre. Xa están avisados os profesores de que non estaremos xoves 14, venres 15 e que non poñan exámes para o luns 18. Os profesores tamén andaremos bastante atarefados eses días.

Como son datas de moitas actividades preferimos adiantar a reunión coas familias para este mércores día 27 de febreiro. Non é de carácter obrigatorio, é mais para recoller información e opinións que para repartila. O martes 26 no recreo teremos reunión no 2º recreo cos alumnos para lembrarlles as últimas cousas da viaxe e leerlles en detalle esta nota.

Esta semana é a de pago do 3º e definitivo prazo da viaxe, 110€. O venres, antes de marchar de Entroido deberiamos ter todo pechado.
3º plazo : 110 €. ( total coste por alumno 330€).

Os alumnos teñen na súa man 3 paquetes de rifas para vender na ponte e poder axudar no pago da viaxe. Lembrade que a venda non é obrigatoria e as que non se venden permiten participar nos interesantes sorteos.

2:
Na reunión revisaremos cómo vai a entrega dos tres documentos obrigatorios:
1 – autorización de acompañamento ó estranxeiro , xestionada na Garda Civil.
2 – Tarxeta sanitaria europea.
3 – Modelo de autorización do Instituto.

Debedes deixar na Conserxería do Instituto copia da Tarxeta e os orixinais dos outros dous.
Na conserxería e na propia Garda Civil quedou copia cos datos (nome completo e NIF) dos profesores acompañantes e o teléfono do instituto para contacto.
3:
  • O primeiro día ceamos, durmimos e almorzamos en Mondoñedo. Todo o necesario para esa noite debe ir nunha pequena bolsa de man ou mochila. Mesmo deberían repetir a roupa externa do día anterior. A intención é non abrir as maletas principais, tanto si quedan no autobús como si van as habitacións.
  • O mércores acordaremos o menú para a cea en Mondoñedo.
  • Os alumnos non teñen obriga de levar teléfono persoal, estarán sempre acompañados e terán a súa disposición o teléfono do instituto para calquera chamada familiar.
  • Na semana da saída poñeremos en funcionamento o WhatsApp do teléfono do instituto.
  • Estamos valorando limitar o uso de teléfonos nas habitacións. A proposta é ter un teléfono de contacto por habitación para familias e profes e, durante o tempo que pasen na habitación, sexa o único equipo que poida estar á vista e encendido Entendemos que melloraría a convivencia e a intimidade na habitación. Aplicarase por consenso non por imposición, pero creemos que sería positivo.
  • Para calquera indicación ós profesores sobre medicamentos ou atención especial a algún alumno é imprescindible falar cos profesores e presentar a documentación axeitada.
  • A relación detallada da viaxe xa está en Viajes Eroski. Entregarase antes da marcha.
  • Entendemos que a autorización de uso da imaxen dos nenos e nenas durante as actividades está autorizada por ser unha actividade do Instituto. Limitarase a escenas de paseo e en grupo para o álbum do instituto. Se algún familiar non autoriza deberá entregar a súa reserva de forma expresa.
  • Calquera consulta podedes facela na reunión ou en javvayaas@gmail.com.
  • TELÉFONO DURANTE A ACTIVIDADE: 634328543.
Un saúdo: Javier Villaverde Vayá.

Esta mesma info está en : https://asangrinatoulouse1819.blogspot.com/

Comentarios

Publicacións populares deste blog