autorización participación


AUTORIZACIÓN PARA A ACTIVIDADE:

VIAXE DIDÁCTICO A TOULOUSE (FRANCIA)

para visitar a Cidade de Espacio e AEROSCOPIA.

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA.

EMPRESAS XESTORAS: Axencia Viajes Eroski (A Guarda)

GRUPOS: Alumnado de 2º ESO.
DATAS: 13,14,15,16 e 17 de Marzo de 2019.
PROFESORADO RESPONSABLE:

Javier Villaverde Vayá (Tecnoloxía), José manuel Gómez Campos (Valores éticos e Titor) e Rosalina Domínguez Muíños ( Francés e Titora).

TELÉFONO DURANTE A ACTIVIDADE: 634328543.

O TELÉFONO e Wastapp do profesor estará á disposición de país e alumnos durante toda a viaxe excepto nos momentos dedicados á comida e descanso. Os alumnos poderán dispoñer do seu teléfono persoal, e deberán evitar o seu uso durante as actividades didácticas, durante a comida e cea colectivas e dende as 11 da noite. O uso indebido do teléfono, especialmente nas habitacións, estará considerado como unha falta grave e podería ocasionar a retirada do equipo.
No autobús no percorrido en España e no hotel disporán de wifi gratuíta, ainda que de baixa capacidade.

Resume da actividade:

Mércores 13 de marzo: A GUARDA- Mondoñedo.
Saída as  17:00 do Instituto. Chegada a Mondoñedo e paseo pola vila as 20:00. Cea concertada.
Xoves 14 de Marzo: Saída de Mondoñedo despois do almorzo. Ruta pola Autovía do Cantábrico e parada turística por decidir. Comida en ruta por conta do alumno. Chegada a Toulouse, cara as 21:00.
Venres 15 de marzo: MUSEO AEROSCOPIA E VISITA CENTRO DE TOULOUSE.
Almorzo e saída do hotel cara a Aeroscopia, Comida por conta do participante no centro Comercial de Blagnac. Regreso a Tolousse pola tarde para visitar a Cidade. Cena nun restaurante do centro e volta ós apartamentos.
Sábado 16 de marzo: VISITA A CITÉ DE L´ESPACE.
Almorzo e saída do hotel cara á Cité de l´Espace. Almorzo dentro da instalación por conta dos alumnos. Cara as 17:00 voltaremos a Toulouse e daremos un percorrido polo centro comercial da cidade. Cea nun restaurante do centro e regreso ós apartamentos.
Domingo 17 de marzo: TOULOUSE- A GUARDA.
SaÍda despois de almorzar, sobre las 6:30 horas. Comida en ruta en restaurante concertado. Chegada a A Guarda antes das 23:00.

VOSTEDES DAN O SEU CONSENTIMENTO PARA QUE O ALUMNO /A PARTICIPE NA ACTIVIDADE VIAXE A TOULOUSE/CIDADE DO ESPACIO, EXIMINDO AO/Á PROFESOR/A ACOMPAÑANTE DE TODA RESPONSABILIDADE QUE NON SEXA DA SÚA COMPETENCIA.

Extracto da normativa do centro sobre a organización de actividades:

- Os alumnos seguirán en todo momento as indicacións do profesorado acompañante tanto a nivel organizativo como de comportamento.
- Son de plena aplicación en todo tipo de actividade as normas do Regulamento de Réxime Interno do Centro.
- A xefatura de estudos, unha vez recabadas opinións do/a titor/a, profesorado poderán prohibir a participación nunha actividade a calquera alumno/a implicado/a en problemas disciplinarios dentro do Centro ou que amose absentismo ou abandono.

Polo que, informado das normas e condicións sinaladas:

D./Dna …...............................……….........................................................,
pai/nai do/a alumno/a …....……….............................................................
do curso …......................................, autorizo ao meu fillo/a a asistir .a Viaxe a Toulouse/Cidade do Espacio do 13 ó 17 de Marzo.

En A Guarda a ……………… de ……….. de 2019.




Asdo. ____________________________




Comentarios

Publicacións populares deste blog