actividades, 2ºprazo, reunión e documentación


DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR.
Profesor : Javier Villaverde.
Data: 11 DE XANEIRO 2018.

Nota para as familias dos alumnos de 2º de ESO para:
1: PECHAR A LISTA DE PARTICIPANTES E REUNIÓN PARA O XOVES DÍA 17 DE XANEIRO.
2: informe de actividades.
3: Solicitude documentación obrigatoria.
1:
Reunión:
Día 17 de Xaneiro 2018.
Hora: 20:30 h.
Lugar : Salón de actos do Instituto.

Ola, logo chega a data da viaxe, prevista para o 13 de marzo. Faltan algunhas xestións importantes e pagar os seguintes prazos. Se vos parece o 2º pago será en Viaxes Eroski, tamén de 110€ e na semana do 21 ó 25 de xaneiro. Pago preferente con tarxeta. Non somos mais que 40 participantes e estamos xestionando ca axencia o lote final de servizos durante a viaxe para axustarnos o presuposto.
2º plazo : 110 €. ( total coste por alumno 330€).



2:
Xa temos pechada a primeira actividade de Venta de produtos navideños. Como resultado da venta de 865 artículos entramos nunha lista de agasallos de 865 puntos. A idea é facer rifas e sortear directamente entre os alumnos do Instituto os agasallos solicitados. Dado que a día de hoxe estamos por baixo dos 45 participantes vamos a solicitar os agasallos e facer un sorteo de UNHA CÁMARA REFLEX NIKON D3200 e un radio CD con Mp3 con 999 papeletas de 1,5€ que se venderán exclusivamente dentro do Instituto, durante os recreos. Os ingresos serán para a actividade senón chegamos a 42-43 participantes, doutra maneira os ingresos serían para cada alumno como estaba previsto. Na reunión vos contamos os detalles.
Hai 8 alumnos que venderon 29 caixas ou mais. A eles lles regalaremos algunhas papeletas  para eles(10%) por ter aportado unha boa parte do vendido.


Estamos a repartir os Talonarios de 50 Rifas de 1€ de Sorteo de Unha semana no Caribe e Unha semana en Costa Daurada de agasallo de Viaxes Eroski. Só se lle entregan ós que pagaron o primeiro prazo.

Tamén temos que pechar a venta dunha última rifa. Acordamos traer de Toulouse unha caixa de productos da comarca (Marca Busquets) e facer 999 papeletas. Tocará a 25 papeletas de 1,5 € e un premio de 120-150€. Venta voluntaria, con coste por talonario de 4€.

3:

É importante iniciar o proceso de solicitude de autorizacións para saída ó extranxeiro e a cobertura sanitaria.

Antes do 30 de febreiro deberiamos ter confirmación no Instituto de que dispoñedes de dous documentos. Deixaremos copias na Conserxería do Instituto:

1 - Autorización para saída ó estranxeiro.
2 - Tarxeta sanitaria europea.
3 – Autorización de participación na actividade para ó Instituto.

Explícovos como se tramitan. Lembrade:

1 – Saída ó estranxeiro acompañado. Na páxina web indicada e haberá copia na Conserxería do centro:

Tedes que cubrir un documento de autorización e ir ó Cuartel da Garda Civil de A Guarda. En principio é valido para 30 días dende a expedición, polo que habería que facelo a partires do 20 de febreiro, consultade. Firmarán os dous proxenitores e hai que levar Libro de familia e DNIs. Debedes entregar o orixinal na conserxería do Instituto.

Os datos dos profesores acompañentes son:
Javier Villaverde Vayá 35311761. José manuel Gómez Campos 34934888. Rosalina Domínguez Muíños 35301038.

2 - Na web da Seguridade social xestiónase a autorización de atención médica no estranxeiro:


Hai que encher un formulario e vos envían a casa en 15 días a Tarxeta Sanitaria Europea, que autoriza a atención nos centros de asistencia públicos en Francia. Entregaredes fotocopia da tarxeta cando vos chegue.

3 - Teremos para o xoves 17 a autorización de participación na viaxe, se alguén non pode vir á reunión deberá pasar antes do 30 de febreiro polo Instituto para firmala.

A asistencia á reunión do xoves é importante, se algúnha familia non pode estar rógovos que contactedes e deleguedes en algunha outra persoa que sí asista, para ter no instituto confirmación de que vos chega toda a información.

Un saúdo: Javier Villaverde Vayá.
Esta mesma info está en : https://asangrinatoulouse1819.blogspot.com/

Comentarios

Publicacións populares deste blog