Información inicial sobre a actividade.


DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR.
Profesor : Javier Villaverde.
Nota para as familias dos alumnos de 2º de ESO para coñecer a súa disposición sobre a posible organización dunha actividade extraescolar para este curso 2018/19.

Toulouse é unha cidade moderna, con ambiente universitario e sede en Europa dos organismos e industrias auxiliares da Axencia Espacial Europea. Propoñemos visitar cos alumnos de 2º de ESO o Centro da cidade, a Cité de L´espace e o Museo Aeroscopia/Fábrica Airbús..
O pasado ano organizamos a mesma viaxe con 32 alumnos tamén de 2º de ESO.

As características mais salientables da viaxe son as seguintes:

- Catro días e medio de viaxe, só dous lectivos e coincidindo na semana despois do Entroido para non alterar o normal desenvolvemento das clases.
- Participación necesaria de 45 alumnos para axustar o precio e que poidan ir os alumnos de menos recursos. O ano pasado costou 295€ por alumno. Pagaríamos en 3 entregas de 100-110 €.
- Viaxe en autobús, en horario diurno, con dous conductores permanentes, para disfrutar do percorrido e ter o máximo de seguridade no traxecto e o servicio en destino.
- Organización de venta de productos en Nadal e venta de rifas ou lotería para que os alumnos poidan gañar unha parte do custe da actividade.
- Acompañamento de tres profesores do Instituto.

Para coñecer a súa opinión e posibilidade de participación enviámoslle esta nota, que debería recortar e devolver asinada. En todo caso, de ter un n.º suficiente de participantes se organizaría unha reunión coas familias nos próximos días.


VIAXE A TOULOUSE: CIUDAD DEL ESPACIO, Aeroscopia.

DATAS: mércores 13(tarde)-14-15-16-17 de marzo de 2019 (1 tarde,4 días, 4 noites)).

PROPOSTA ITINERARIO:

Mércores 13 de marzo: A GARDA- MONDOÑEDO. (pode ser en Avilés, segundo prezos)
Saída as  17:00 do Instituto. Percorrido ata Mondoñedo. Paseo guiado pola vila e cea por conta do alumno. Pernocta no antigo Seminario, hoxe hostal.
Xoves 14 de marzo: MONDOÑEDO- TOULOUSE.
Saída as  9:00. Almorzo concertado. Percorrido pola Autovía do Cantábrico. Comida e cea en ruta, en local concertado (bocadillo ou prato combinado) por conta do alumno. Chegada a Toulouse, cara as 22:00 horas, para distribuir habitacións.
Venres 15 de marzo: MUSEO AEROSCOPIA E VISITA CENTRO DE TOULOUSE.
Almorzo e saída do hotel cara a Aeroscopia, (museo aeronáutico de Blagnac) e o Centro de fabricación de AIRBÚS. Comida por conta do participante nun Centro Comercial de Blagnac. Regreso a Tolousse pola tarde para visitar a Basílica de Saint Sernín, o Xardín Xaponés, a Praza del Capitolio, a Ponte dos Catalans ou a Ponte de San Pedro. Cena nun restaurante do centro e volta ós apartamentos. 
Sábado 16 de marzo: VISITA A CITÉ DE L´ESPACE.
Almorzo e saída do hotel cara á Cité de l´Espace, parque temático dedicado á astronáutica, que permite coñecer a historia da Conquista do Espacio con maquetas, audiovisuais e actividades. Visita guiada para os alumnos que o desexen. Almorzo dentro da instalación por conta dos alumnos. Cara as 17:00, despois da proxección 3D, sairemos da instalación, voltaremos a Toulouse e daremos un percorrido polas rúas comerciais da cidade. Cea nun restaurante do centro e regreso ós apartamentos.
Domingo 17 de marzo: TOULOUSE- A GUARDA.
SaÍda despois de almorzar, sobre las 6:30 horas aproximadamente. Percorrido de volta por Irún-Burgos. Comida libre en ruta por conta do alumno en restaurante concertado. Chegada a A Garda cara as 23:00.
Contamos que o alumno teña pagado:
  • Autocar todo el itinerario
  • Estancia 1 noite e almorzo en Mondoñedo. Estancia de 3 días/ 3 noites en apartamentos da cadena Premiere Classe no norte de Toulouse ou semellante. Aloxamento e 3 almorzos. Habitacións triples. Dúas ceas nun restaurante no centro de Toulouse.
  • Tasas de estancia e seguros.
  • Entradas na Cidade do Espacio e Sesión de Planetarium ou Imax3D, museo aeronáutico Aeroscopia e fábrica de Airbús.
  • Compaña de tres profesores do instituto.

Podedes ver o video de anos pasados e mais información en:

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog