Esta foi a semana de cobrar os pedidos, xa están todos, e de aboar o PRIMEIRO PRAZO. Agora mesmo vou a Eroski Viaxes para que me dean o listado de ingresos, se alguén se esqueceu que o faga sen falta nos primeiros día da semana que ven. Lembrade que fixar nº de participantes é fixar precio e condicións. Grazas a todos por ser tan formais á hora de pagar, a maioría viña coas conta revisadas por adultos e cos cartos xustos. Así da gusto organizar as cousas. Un saúdo.
Publicacións
44. 44 alumnos teñen interés por ir a Toulouse co Departamento de Tecnoloxía en marzo. Estupendo. Xa temos Axencia de viaxes VIAXES EROSKI en A Guarda.. Xa están enviados os listados de produtos navideños a Comercial Luicar, eles o enviarán a GAMITO ESTEPA, logo chegarán. En total 860 pedidos, o que supón unha media de 21,5 pedidos por alumnos x 3,5€ de media podemos falar de 70 € por alumnos para axudar a pagar a viaxe. Non está mal. Despois chegarán as Rifas da viaxe a Venecia e as do viaxe de Eroski. Noraboa a todos, estamos traballando moi ben. Grazas.
actividades para costear a viaxe
ACTIVIDADES PARA COSTEAR A ACTIVIDADE DE CITÉ DE L´ESPACE EN TOULOUSE DE 2º DE ESO. CURSO 2018-19. Actividade 1 datas Venta de produtos navideños da marca GAMITO ESTEPA coa colaboración da empresa LUICAR (Carmen Y Luis) Con cada caixa agasallan con 5 cinco papeletas de sorteo de viaxe a Venecia, Florencia e Roma para dúas persoas (2€ cada rifa) Entrega fichas de encargos o luns día 12 de novembro. Recollida pedidos luns día 19 de novembro. Entrega de Surtidos 30 de novembro e 3 de decembro. Aula 17 . Pago nos recreos do 3 ó 7 de decembr o aula 17 . Sorteo 23 de xaneiro . Actividade 2 Venta de rifas da Axencia de Viaxes de sorteo dunha viaxe para catro personas. Agasallo de Talonarios de 50 rifas gratuítas para o alumno e de precio de venta 1€. Xaneiro 2018 e sorteo en maio –xuño 2018. Actividade 3 Sorteo de LOTE DE PRO...